Tradutor

Todo ten un final...Esta fermosa historia...tamén

Remata o curso. Remata a historia da Patrulla Verde. Foron máis de mil días xuntos que cristalizaron, neste último curso, na elaboración deste blog. Por primeira e única vez falo en primeira persoa. E fágoo para agradecerlles ás familias destes nenos e nenas o seu compromiso cos seus fillos e fillas e a súa colaboración e comprensión cara ao profesional que intentou axudarlles a medrar cada día. Pola miña banda, merecen o maior dos agradecementos e dos recoñecementos.
Pero, sobre todo, grazas a un grupo de nenos e nenas que me ensinaron a ser mellor mestre e mellor persoa. Uns nenos capaces de reflexionar, de escoitar, de actuar...
Grazas a tod@s. Aos que están, e aos que xa non están. A tod@s deséxovos o mellor. Estou convencido que lograredes todo aquilo que vos propoñades, porque detrás tedes uns extraordinarios pais e nais que vos alentarán en todo aquilo que emprendades.
Nunca esquezades persegui-los vosos soños! Esa é a mellor maneira de sentirse vivo.
GRAZAS

SOLIDARIEDADE

O curso remata. O Mercado Solidario tamén. Recollemos unha cantidade nada desprezable que axudará a moitas persoas a empezar unha vida digna. Estamos orgullos@s deste traballlo, un traballo que non sería posible sen a colaboración de toda a comunidade escolar do centro. Grazas a tod@s. Grazas solidarias.

Chegou a hora H. Chegou a hora da SOLIDARIEDADE

Hoxe inauguramos o Mercado Solidario. Estamos moi emocionad@s e esperanzad@s de que todo saia ben. Todo está preparado. É hora da solidariedade. Grazas aos que fixeron posible este proxecto

Algo está a piques de pasar...e será bo

Estamos mergullados no proxecto con maiúscula deste curso. Non pola súa grandeza intrínseca, senón polo gozo que nos está a producir a súa preparación. Traballamos duro para chegar aquí. E non queremos deixar pasa-la ocasión. Imos poñer en marcha un Mercado Solidario a prol dos refuxiados, dos apatridas, dos esquecidos...
Entre o 1 e o 20 de xuño venderemos no noso centro abelorios feitos por nós, libros doados, postres caseiros feitos polas familias... E todo o recadado doarémolo a ACNUR. Polo de agora nada máis. Seguiremos informando.

ACNUR

A triste historia dos nenos serpe

Algúns días buscamos nos xornais cousas que nos interesan. Facemos de arqueólogos buscando informacións diferentes. E, ás veces dámonos de bruces con cousas como as que nos contan neste artigo periodístico. Non sabemos se serve para moito ou non, pero non nos resignamos a loitar contra as estulticias dalgúns que non merecerían ser chamados humanos. Canto temos que evolucionar, canto que educar, canto que convencer...

Enlace ao artigo

Invisibles

Escoitamos un programa de radio. Nel falaban dun tipo de persoas invisibles para a sociedade: as traballadoras domésticas. E aprendemos moitas cousas. Abríronse diante de nós realidades que non coñeciamos. E reflexionamos, e discutimos, e... pensamos. Convidámosvos a face-lo mesmo. Para iso, deixámosvos o enlace á entrevista.

Enlace

Xogamos... a definirnos

Hoxe plantexamos un xogo conceptual. Quixemos definirnos coa palabra que máis se adaptaba á nosa personalidade. A proposta correspondíallle ao resto de compañeiros. O proceso resultou do máis interesante por canto nos obrigou a poñer en xogo un evidente afán de síntese. Buscamos, definimos, consensuamos... aprendemos. E este foi o resultado, gardando o nome completo de nenos e nenas.