Tradutor

Proibido...non falar

Falamos de moitas cousas, todas elas importantes para nós. Falamos da igualdade de xéneros, dos dereitos dos nenos e das nenas, das guerras, da política, dos problemas interpersoais, da capacidade de empatía...,da vida. E queremos, precisamos vomitalas, con perdón. E mentres, aprendemos  a escoitar, a discutir, a calar, a falar respectando aos demais...

Antes dos exames... relaxación

Cando temos un exame, dedicamos un anaco de tempo para nós, para relaxarnos cunha música axeitada, e así encara-la proba cun mellor talante...e funciónanos.

Unha "performance"... no nadal

No nadal do 2015 quixemos facerlle unha homenaxe a uns grandes profesionais da canción "a capela" e do espectáculo en xeral. Falámosvos nada máis e nada menos que de...The Voca People. E isto foi o que aconteceu...

Investigamos con vermes de seda

No curso 2014-2015, e grazas á doazón de Doris Paz poidemos investigar case todo sobre os vermes de seda. Como alimentalos, como limpalos, cal é o seu ciclo de vida...


O clube de lectura

Grazas a Silvia, profesora da ESO, estamos a participar na edición do clube de lectura do presente curso 2015-2016. Estamos encantad@s.
E grazas a ela tamén participamos en: "A mochila viaxeira" , unha proposta moi interesante que consiste en que cada un de nós leva, durante quince día,s unha mochila cargada de propostas de todo tipo: libros axeitados para nós, libros para pais, algunha película...

Ler é...compartir

O mércores 17 de febreiro foi para nós unha data moi especial que dificilmente esqueceremos. Nese día comezamos a ler contos cos nenos e nenas de 3 e 4 anos.  Aprendemos moito. Aprendemos a agardar, a escoitar, a contar, a dramatizar, a apreta-lo conto, a cambialo, a querelo, pero sobre todo, a compartir o tempo e...os contos.


A nosa receita para ser feliz

200 ml de amigos
350 ml de liberdade
275 ml de soños
225 ml de amabilidade
300 ml de bo humor
250 ml de perdón
400 ml de harmonía
300 ml de positividade
250 ml de superación
325 ml de solidariedade

PREPARACIÓN:
Unha vez localizados os ingredientes no noso interior, collemos unha xerra transparente e de gran capacidade.
Comezamos engadindo a cantidade exacta de harmonía. De seguido, botamos 350ml de liberdade e remexemos con moito coidado. Xa temos a primeira mestura, polo que incorporamos a solidariedade, positividade e bo humor, nas cantidades recomendadas.
A continuación, sumámoslle a dose necesaria de soños e superación, e axitamos a modo.
Finalmente, coa medida estipulada de amigos, amabilidade e perdón, batemos ben, de maneira que quede un líquido dun intenso cor verde esperanza.

Antes de probalo, convén convidar a cantos teñamos ó noso arredor, e nunca esquecer tomar un sorbo cada mañá. Esta brevaxe está  recomendada para calquera idade, sen contraindicacións nin efectos secundarios.

Os contos valen...

                                                                            
                                                                                          

para vomitalos
para divertirse
para espremelos
para aprender
para sentir o mundo
para facer amigos
para soñar e espertar
para rir e para chorar
para pensar
para cheirar
para voar
para tremer
para sufrir
para celebrar
para recordar
para crecer
para abolar
para regalar
para vivir outras vidas
para pasar o tempo
para probar
para mirarnos
para contalos
para poñernos guapos
para descubrirnos a nós mesmos
para saborealos
para vivilos...





Imaxes para educar

Este é un dos nosos proxectos preferidos. Aquí teñen sitio moitas cousas, dende un programa sobre o machismo, ata unha intervención de Victor Kuppers que nos fixo pensar, ou cortos educativos cos que matinar. Xa vos iremos recomendando algúns. Todo ó seu tempo.

Datas para crear

Para o día do querer alagamos o noso centro con desexos e con verdades. Velaí algunhas:

Quero...que as sombras non queimen
Quero...pechar tódalas noites
Quero...debullar tódalas razóns
Quero...atopar respostas a algunhas preguntas
Quero...amosa-las cicatrices
Quero...que nada sexa imposible
Quero...un caderno con fame
Quero...chegar a tempo
Quero...non darme por vencido
Quero...unha escola verde, azul, amarela
Quero...ter soños cada día e tódolos días
Quero...cobrar en bicos e pagar en sorrisos
Quero...intenta-lo unha e mil veces
Quero...querer
Quero...

A nosa familia é importante

Por iso, porque a nosa familia é importante, quixemos que cada semana un deles se sometan ás nosas inquedanzas e nos conten cousas do máis interesantes: Ata o de agora falamos do que significa ser musulmán, de como funciona o reparto das cartas, como  é o traballo dun condutor de autobuses urbáns...

A mestura mestra

Aquí querémosvos falar dun caixón de xastre. Por exemplo de como fixemos un cariñograma onde temos cadanseu sobre. Alí decímonos cousas agradables...de xeito anónimo, por suposto.

Tamén enchemos o noso Baúl de Suxestións de cousas moi importantes para nós, e que queremos se teñan en conta.

E  temos o Rincón da patrulla, un lugar "privado" dentro da clase onde nos xuntamos para falar, dialogar, solucionar conflitos...
Cando os conflitos non se solucionan no rincón, facemos unha táboa redonda no chan coa presenza do noso titor. E falando, falando...imos solucionando os atrancos da convivencia.

E por que nosn falarvos do noso ritual antes dos exames. Primeiro facemos un exercicio de relaxación, e despois escoitamos música clasica moi suaviña, en pleno proceso de produtividade intelectual.

Textos para aqueloutrar

Que tal se comezamos por contestar e esta pregunta: Que é a felicidade? e pódese ser feliz toda a vida?
Pero non nos quedamos aí, tamén visitamos o blog de Albert Espinosa, que sempre ten moi boas ideas sobre as que convén debatir...e debatimos, vaia se o fixemos.
E escribimos as instrucións para cepilla-los dentes, e seguimos...

Música para sentir

Comezamos o ano con moita forza. Escoitamos cancións para sentir e pensar, por exemplo: Insurrección de Miguel Rios e Manolo García, unha obra mestra como é a interpretación de Nancy Wilson do tema de Led Zeppeling: Escalera al cielo e que vos recomendamos sobremaneira.
Pero tamén houbo tempo para algo menos trascendente como o tema: Quiero tener tu presencia  de Seguridad Social ou o fantástico Bohemian Rhapsody de Queen.
O tema 20 de abril de Celtas Cortos axudounos a crear unha carta dirixida a alguén imaxinario ou a persoas que non coñezamos persoalmente. O Resultado foi do máis interesante.
E como non podemos esquece-lo que somos, aconsellámosvos os temas: Tronza-los valos e Tempestades de sal, de Ses