Tradutor

Algo está a piques de pasar...e será bo

Estamos mergullados no proxecto con maiúscula deste curso. Non pola súa grandeza intrínseca, senón polo gozo que nos está a producir a súa preparación. Traballamos duro para chegar aquí. E non queremos deixar pasa-la ocasión. Imos poñer en marcha un Mercado Solidario a prol dos refuxiados, dos apatridas, dos esquecidos...
Entre o 1 e o 20 de xuño venderemos no noso centro abelorios feitos por nós, libros doados, postres caseiros feitos polas familias... E todo o recadado doarémolo a ACNUR. Polo de agora nada máis. Seguiremos informando.

ACNUR

A triste historia dos nenos serpe

Algúns días buscamos nos xornais cousas que nos interesan. Facemos de arqueólogos buscando informacións diferentes. E, ás veces dámonos de bruces con cousas como as que nos contan neste artigo periodístico. Non sabemos se serve para moito ou non, pero non nos resignamos a loitar contra as estulticias dalgúns que non merecerían ser chamados humanos. Canto temos que evolucionar, canto que educar, canto que convencer...

Enlace ao artigo

Invisibles

Escoitamos un programa de radio. Nel falaban dun tipo de persoas invisibles para a sociedade: as traballadoras domésticas. E aprendemos moitas cousas. Abríronse diante de nós realidades que non coñeciamos. E reflexionamos, e discutimos, e... pensamos. Convidámosvos a face-lo mesmo. Para iso, deixámosvos o enlace á entrevista.

Enlace