Tradutor

Os nosos libros preferidos

E os gañadores son:
-Jumie
-El ponche de los deseos
-Historia de la bicicleta de un hombre lagarto
-Los cinco y el tesoro de la isla
-Memorias dun neno labrego
-O meu pesadelo favorito
-Momo
-Os peixes de cores

Somos críticos de cine

Quixemos facer unha lista das películas que máis nos gustaron ata o de agora. Xogamos a ser crític@s de cine, e este foi o resultado...polo de agora

-Operación UNCLE
-Gozilla
-Cien años de perdón
-El pregón
-La vida es bella
-El niño con el pijama de rayas
-Intocable
-Los niños del coro

Cousas... que nos fan pensar

Cada semana temos acceso a cousas que nos fan pensar, e precisamente pensamos (valia a redundancia) que podían ser de interese contalas. Xa fixemos moitas sesións desas, pero hoxe querémosvos falar da última. Trátase dun video para pequenos e grandes, porque se fala de cousas moi importantes, porque se fala, en definitiva, da vida. Agardamos que vos guste tanto como a nós. Chámase: El camino del éxito.


Nenos e nenas titores

Querémosvos falar dunha iniciativa que puxemos en marcha xa fai tempo. Trátase de facermos de titores doutros nenos e nenas. Aqueles de nós que temos dificultades nalgunha materia ou tan só nunha tarefa determinada, contamos coa axuda de compañeir@s para os que esas dificultades non se presentan ou, simplemente, non existen. Pero queremos engadir unha cousa moi importante. Uns somos titores doutros nalgunha cousa, pero pasamos a ser titorados por eles noutras. Porque todos e todas temos capacidades diferentes, e todas moi valiosas. Tátase de compartilas, de poñelas ao servizo do que o necesite, de socializalas, en definitiva. Porque a suma sempre é positiva, sempre.

Aprendemos dos nosos pais e nais

Dentro da rolda de intervencións de pais e nais para falárennos dos seus traballos, hoxe, 30 de marzo, tivemos a sorte de contar coa presenza dun pai que desempeña o seu labor profesional como profesor de FP na rama agraria. Fixémoslle moitas preguntas, e aprendemos moitas cousas, como por exemplo como se accede a eses estudos, como se pode chegar a ser profesor de FP, que se ensina, que idades teñen @s alumn@s que van a eses centros, que buscan, que prácticas fan e onde, que perspectiva profesional teñen....


Pintores en acción

Como xa vos tiñamos falado noutras ocasións, quixemos crear un espazo para a arte dentro da  nosa aula. Para iso,  empregamos unha parede como lenzo. E este proxecto naceu hoxe, 16 de marzo de 2016. Xa vos iremos contando a súa evolución! Polo de agora, deixámosvos unhas fotos e un video desta actividade



A obra rematou. Hoxe 21 de marzo demos por rematado o  nosos lenzo-parede. E coma moitas veces, o importante non é o resultado, senón o camiño. Mereceu a pena!!




Sesión Clube de Lectura

Hoxe, mércores 16 de marzo, tivemos a sorte de celebrar una sesión máis do clube de lectura, grazas, una vez máis a Silvia, a encargada da biblioteca. Nesta ocasión, e debido a que o libro escollido era curto, pero moi intenso, aproveitamos para lelo tod@s xuntos. Resultou ser una experiencia moi interesante, como interesante foi o debate que xermolou da propia lectura. O libro titúlase: A árbore xenerosa de Shel Silverstein, publicado pola Editorial Kalandraka.
Por certo!,foi a primeira sesión do clube para a nosa nova compañeira Ana, e... parece que lle gustou!


Día da muller

O 8 de marzo é o día da muller. E nós queremos conmemoralo. Para comezar imos ver un programa que fala a flor de pel da violencia machista. Despois, coma sempre , intercambiaremos opinións, puntos de vista, propostas...Porque todos e todas podemos facer algo para que remate a situación de inferioridade que aínda hoxe, en pleno século XXI, están a sufrir as mulleres. Tod@s, pequen@s e grandes estamos chamados á acción.

O Sentimentario

Somos todo sentimentos. Por iso queremos falar deles, tronzalos, debullalos... para ver o que teñen dentro. Daquela imos facer un diccionario de sentimentos. Estes son algúns dos escollidos: felicidade, medo, soidade, tristura, tenrura, preocupación, carraxe, ilusión...

Xogamos a ser poetas

Xogamos porque somos nen@s. E facémolo de moitas maneiras. Non é aprimeira vez que usamos propostas literarias de autores moi coñecidos, tanto en galego como en castelán, para emprega-la súa técnica de creación literaria, ata onde podemos claro. O último exemplo son unhas famosas rimas de Bécquer. Lémolas, interiorizámolas, explorámolas e, finalmente, dinamizámolas. Este foi uns dos moitos resultados:



Mientras nos sobren las razones
para explorar mundos de colores
mientras quede una sonrisa 
para respirarla cada día
mientras pueda rebelarme
ante todas nuestras dudas
mientras quiera despertarme
viajando a lomos de la luna
¡hará esperanza!

A mochila viaxeira

A mochila viaxeira é unha extraordinaria iniciativa levada a cabo pola biblioteca do noso centro. Consiste nunha mochila con material para a lectiura orientada a nós e tamén aos nosos pais. Xa leva recorrido no que vai de curso un bo treito,pero aínda lle falta mergullar moitos fogares con fantásticas aventuras.

Aprendemos tod@s de tod@s

Como xa vos dixemos, temos connosco a unha compañeira que veu do Brasil. Estamos moi ledos e ímoslle axudar todo o que poidamos. Neste sentido, fixemos uns carteis de todo o que hai na nosa clase. Cada palabra poñémola en portugués, en galego e en castelán. Así, desta maneira, tod@s aprendemos de tod@s.

A Patrulla Verde en E-Dixgal

O noso grupo forma parte do programa E-Dixgal. Por iso, empregamos libros dixitais para aprender. E por iso tamén, temos asignado un ultraportátil que podemos levar á nosa casa. Nel temos descargados os temas das diferentes materias, para poder acceder aos mesmos, teñamos ou non conexión a internet no noso domicilio.


Bem-vinda a Ana Caroline

Temos unha nova integrante da Patrulla Verde. Trátase dunha nena que ven do Brasil e que se chama Ana Caroline. Agardamos ser capaces de conseguir que se atope ben entre nós. Ana Caroline queremos que sejas muito feliz entre nós.