Tradutor

Xogamos... a definirnos

Hoxe plantexamos un xogo conceptual. Quixemos definirnos coa palabra que máis se adaptaba á nosa personalidade. A proposta correspondíallle ao resto de compañeiros. O proceso resultou do máis interesante por canto nos obrigou a poñer en xogo un evidente afán de síntese. Buscamos, definimos, consensuamos... aprendemos. E este foi o resultado, gardando o nome completo de nenos e nenas.

Carta aberta... a quen corresponda

Somos 12 nenos e nenas do CPI Tino Grandío de Guntín. Formamos parte dunha realidade multicultural. A maioría nacemos en Galicia, pero algún de nós naceu en Italia, en Marrocos, en Brasil...


Si, somos nenos e nenas que aínda nos quedan moitas cousas por saber, pero que aprendemos a convivir cada día co moito que nos une e co moi pouco que nos separa. Nenos e nenas aos que nos ocupa e preocupa moito o mundo que herdaremos, aos que se nos racha algo por dentro cando vemos a outros coma nós fuxir das guerras, das inxustizas, da fame, alancando cara a un mañá cheo de anoiteceres e incertezas.

Non, non sabemos moitas cousas, pero aprendemos que non podemos nin queremos esquecer a Aylan Kurdy e a moitos coma el. E aprendemos a non falar hoxe de fútbol, nin de videoxogos nin de paraísos fiscais, porque o único paraíso que coñecemos e defendemos é a infancia. 

Queremos falar de Lesbos, de Idomeni... e de moitos outros lugares, ás veces moi perto de nós, onde nenos e grandes agardan polo noso compromiso, sen requebros nin regates á solidariedade.

Non, non sabemos moitas cousas, pero aprendemos que este mundo inzado de mercaderes e sementado coa cegueira social de moitos, non é o noso.

Berramos alto e forte para que nos escoiten, e facémolo porque na nosa obriga de seres humanos está o ser solidarios, para que nunca máis haxa nenos e nenas sen sorriso, que só coñecen o idioma dos choros e da desesperanza, nenos sen escola, sen protección...sen futuro. Pedimos, esiximos que paren tódalas guerras, o sufrimento dos desarriagados, dos refuxiados... dos que non escolleron esa vida senón que esa "non" vida os escolleu a eles. 

Non, non sabemos moitas cousas, pero aprendemos, cada día e tódolos días, a facernos preguntas, a busca-las respostas, a sentir, a emocionarnos, e a apreta-los dentes e xogárnola para mellorar este mundo cheo de caries e de ponzoñas.

Non, non sabemos moitas cousas, pero hai unha que non imos esquecer. Queremos espertar cada mañá nun mundo onde pequenos e grandes sexamos donos e protagonistas das nosas propias vidas, onde poidamos loitar polos nosos soños, un mundo onde nos deixen soñar para podermos durmir.


Como che gustaría que fora a escola

Detrás deste título hai unha reflexión de certa fondura. Pensamos moito sobre a escola que queremos, sobre as cousas que deberían cambiar...Este é un debate aberto, non fixo máis ca comezar. Agardamos que teña un longo percorrido. 
Aqui vos deixamos algunha mostra.

Videos que nos fan pensar

Hoxe, 18 de abril, vimos un video de moito interese feito pola Fundación Mehuer. Titúlase:Playa y montaña, e resulta ser unha chamada de atención sobre as enfermidades chamadas "raras". Recomendámosvos que o vexades. Dura só dous minutos, pero son dous minutos moi intensos que, alomenos a nós, nos axudaros a reflexionar sobre estes temas, e moitos outros. 

-Como enfronta-las dificultades
-Como negocia-la ruptura das expectativas e dos desexos
-Como loitar polo que temos
-Como busca-la felicidade de dentro para fra e non de fora para dentro, en definitiva, como loita-la vida, a nosa vida

Enlace ó video

Un mundo sen violencia machista!!

Porque cada día e tódolos días queremos berrar forte contra esta lacra social que asasina mulleres.
Porque...


Cancións para escoitar... non só coas orellas


Resultado de imagen de homenaje de sting a bruce springsteen

Xa vos temos falado que non son poucas as veces que eleximos cancións especiais para escoitar.
Escollemos unha que nos guste, por suposto, en calquera idioma. Examinamos, debullamos a mensaxe. E se se nos move algo por dentro, pois adiante, a escoitar, a sentir e a gozar.
Esta semana a elección non estivo mal. Trátase da canción: The Rising de Bruce Springsteen, interpretada por Sting nunha homenaxe ao seu autor. Asegurámosvos que é unha potente mensaxe do Boss que, por certo, esta semana foi noticia polo seu compromiso cara aos dereitos de tod@s. Velaí algúns fragmentos.
"Non podo ver nada enfronte de mín

non podo ver nada vindo detrás 

ábrome camiño cruzando  esta escuridade..."
"...Veña imos erguérnos

imos, descansa as táus mans nas miñlas

veña imos erguérnos
imos erguérnos esta noite..."
Aquí podes escoitar esta fermosa peza:
https://www.youtube.com/watch?v=Z8IjybGKjdU

Beliscos literarios

Esta semana comezamos un novo proxecto. Calquera día é bo para que cada un de nós ofreza aos demais a escolla do seu fragmento preferido dun libro, escollido tamén por el ou ela. Desta maneira, espertamos nos demais a curiosidade. Curiosidade, unha palabra fermosa e imprescindible, se falamos de educar.


Resultado de imagen de Memoria da choiva

Para abrir boca, esta é a primeira escolla, sacada do libro: A memoria da choiva, do autor galego Pedro Feijoo.
Un personaxe da novela, conversa con outro e dille:
" Mira, eu non sei que cousa é esa felicidade pola que preguntas, e se algún día a coñecín, hoxe non a lembro xa. Pero si sei o que é a vida. Unha cousa triste, algo casual e moitas veces efímera de máis...O resto non son para mín máis que instantes soltos de algo parecido á calama. Pequenas, moi pequenas illas de tranquilidade no medio de grandísimas extensións de soidade. Un océano de tristura sen fin. Iso para mín é a vida..."
Interesante reflexión que nos deu para falar moito do sentido da vida, de como encarala, de como aloumiñala, rila, chorala, xogala, sentila, vivila...Vaia!!Creo que isto ten que ver algo coa filosofía.

_______________________________________________________________

E o segundo belisco literario ven da man dun autor senlleiro das nosas letras: Xosé Neira Vilas. E dun libro imprescindible para sabermos de onde vimos.

Resultado de imagen de memorias dun neno labrego


“O padriño non era coma a outra xente. Aínda non vin home na aldea que e poidese comparar. Todos latricaban das mesmas cousas ou calan as mesmas cousas. O padriño era diferente. Pareceme ue o estou vendo:sentado no seu tallo,ó pé da lareira,asobía, pensa,fai debuxos co bastón na borralla. Non se anoxa con ninguen.S e lle din algo que non lle gosta, cuase sempre responde cun sorriso soaviño, e acabouse. Debe ser por eso que lle oín sentenciar un día:-As veces a mellor maneira de decir algo é calando.Un domingo pola tarde,en vez de ir enredar quedeime coel na cociña. Pregunteille de cánto hai.-Padriño,¿Cando esmorecen as estrelas?¿Ónde rematan os camiños?¿Quén puxo os penedos no río?Non había cousa que el non soubese-¿Que é un amigo?-pregunteille tamén.E votoume tal predicamento que aínda me acordo de moitos os seus ditos. Unha tarde enteira parrafeando da amizade.Un amigo é o mellor que hai neste mundo,se o é de certo. Val máis ter amigos ca ter cartos. O amigo dache de todo e non quer nada; morre por ti se compre morrer."

___________________________________________________________________________

O terceiro belisco vai sobre unha historia fermosa, sobre: A Historia Interminable de Michael Ende:

 Me gustaría saber, se dijo, qué pasa realmente en un libro cuando está cerrado .Naturalmente, dentro sólo hay letras impresas sobre papel pero sin embargo…Algo debe pasar, porque cuando lo abro aparece de pronto una historia eterna. Dentro hay personas que no conozco todavía, y todas las aventuras, hazañas y peleas posibles… y a veces se producen tormentas en el mar o se llega a países o ciudades exóticos. Todo eso está dentro ya Antes. Me gustaría saber de qué modo.

Image result for foto libro la historia interminable

Medramos... en número

Como xa vos temos dito A Patrulla Verde medrou en número ao incorporarse unha nova compañeira. Daquela, impónse unha foto da patrulla ao completo.


Xogamos

Somos un grupo de nenos e nenas que xogamos  ao que toque, porque non hai xogos de nenos, nin xogos de nenas. Hai xogos para tod@s. Sen máis.